Feeds:
Artigos
Comentarios

As Catedrais, originalmente cargada por Reinante aka Benquerencia.

Xa está dada de alta a wiki para o curso da web 2.0, para ilustralo quixen tomar esta fotografía de Reinante aka Benquerencia. Representa a interacción da natureza no medio físico, e neste caso na maravillosa praia de As Catedrais.

Esta pretende ser unha verdadeira wikipedia de termos xeográficos que iranse ampliando paseniñamente.

Si pinchades na foto, iredes a Xeoweb

mapaantiguo

A Universidade do sul de Florida dispón dunha páxina web na que temos ao noso dispor máis de 5000 mapas históricos. Na parte superior podedes ver Ferrol e Coruña no ano 1919. Xa incluimos nas ligazóns este interesante recurso cartográfico.

Unha nova ferramenta facilitada polo curso de Aplicacións da web 2.0 ao ensino: un reproductor de música. Hai uns meses xa, tiven a ocasión de escoitar a Caetano Veloso en directo, así que eiquí tedes unha canción súa, Filosofando.

[odeo 23396650]

Eiquí queda unha presentación para o curso da Web 2.0. Son uns poucos dos faros da provincia da Coruña que fotografei nas miñas viaxes en moto.

Agora que temos visto a Historia da Xeografía é a hora de repasar o aprendido. Cumplimenta o seguinte exercicio.

Para saber a onde imos, primeiro vexamos de donde vimos. Aquí tedes unha presentación dun estudante chileno da Universidade Pedro de Valdivia.

Veño de engadir unha ligazón no blogue cunha páxina moi interesante. Slide Map coloca no mapa os tags de Flickr para facernos un collage de fotos do lugar. Agardo vos sexa útil.

slidemap2

Achégovos un video no que se explica a creación dos continentes a partir do Panxea.

Para saber máis.

Benvidos

Con este post quero darvos a benvida ao edublog que estou a facer para o curso sobor das ferramentas da web 2.0. Como o seu nome indica, tratará de achegar aos alumnos de terceiro de ESO materiais de xeografía que complementen o libro de texto, facendo fincapé nas competencias básicas.